Comezan as obras no tramo entre As Pontes e Momán

47

As Pontes, 13 de  maio| Comezaron as obras do tramo entre As Pontes e Momán que deberán supoñer un ancheamento dun treito de case 1 km e medio.

Os 1.380 metros desta estrada, están a ser ampliados, coa maquinaria limpando as marxes onde logo se deberá aglomerar.

O orzamento destas obras o  aporta a deputación de A Coruña, e están a ser realizadas por Construcións González e González

A intervención comprenderá a reforma do ancho da vía, ampliándoo en metro e medio, para chegar aos 6,5 metros.

Tamén se contemplan, a execución de fochancas de formigón, nova drenaxe, e pavimentación con triple tratamento superficial, así como a renovación da sinalización.

O prazo de execución será de 5 meses. Pero debe vencellarse a outra actuación paralela que tamén se está a desenvolver para a mellora da intersección da estrada provincial DP7003, de Medoñas a Ponte do Souto.

Nesta estrada provincial, executarase unha glorieta para mellorar a seguridade viaria e regular o tránsito dos vehículos que acceden ó parque empresarial dos Airíos.

A rotonda contará cun diámetro de 30 metros e terá dúas illetas de formigón, pavimento de mestura bituminosa en quente e suporá un desembolso de 30.000 euros por parte da deputación da Coruña.