As Pontes, 11 de outubro de 2018. As Pontes acollerá, a partir de maña, a décima edición do concurso de tapas Saborea As Pontes, organizado polo Concello, a través da a través da Concellería de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego.

Esta cita gastronómica, que se desenvolverá entre os días 12 e 21 de outubro e na que participan 33 establecementos hostaleiros de As Pontes, ten como obxectivo, en palabras de Ana Pena, concelleira responsable da área de Hostalaría, “dinamizar e impulsar a un sector de gran importancia na economía da vila, piar no que se asenta o emprendedurismo local e xerador de centos de postos de traballo “

Os establecementos que participan nesta cita, sete de eles por primeira vez, son:  A Latina, Hotel Pontes do Eume, Mesón 7 Camiños, Bar Centro, Bar Calvo, DelaPiccola,  Tapería Bar As Campeiras, Taberna de Pancho, Café Bar Las Torres, A Lareira, O Marbella, O Quijote, Mesón O Martínez, A Botellería, A Cepa, Bar Magdalena, A Fervenza de Somede, Different Bar, Caprichos Coffee&Drinks, Mesón de Pepe, Bar Trastoy 3,  A Caseta do Parque, Tapería + Que Tapas, Café Bar Reboredo, Cervecería A Capilla, Bar Rodas, Café Bar Vales, Café Bar Carboeiro, Segunda Cueva, Cafetería As Tres Pontes, Cafetería +TIKA+, Cafetería Cervecería Venus e Cotío.

Ente as propostas, veciños e visitantes poderán atopar petiscos elaborados con peixe, mariscos, carne de porco e tenreira, produtos de tempada, elaboracións innovadoras, pequenas mostras da gastronomía internacional e tapas onde os produtos gastronómicos típicos da localidade son os principais protagonistas. As tapas serviranse, de luns a venres, de 19:30 a 23:00 horas e, durante o fin de semana, tamén en horario matutino, desde as 12:00 ata as 15:00 horas. Todas as propostas teñen un prezo único de 1,50 euros.

Desde o Concello de As Pontes, Ana Pena, animan a veciños e visitantes a “participar neste certame gastronómico, que brinda a oportunidade de colaborar na dinamización do sector e apoiar, de xeito directo, os hostaleiros locais, saboreando As Pontes”.

PREMIOS

Saborea As Pontes repartirá dous premios entre todas as tapas do concurso. Un xurado profesional, conformado por tres mestres da Escola de Hostalaría de Pontedeume, elixirá a mellora tapa pontesa mentres que o xurado popular, a través do seu voto, escollerá a tapa pontesa máis valorada polo público.

Ademais, repartiranse 9 premios, de 200 euros cada un, entre todas aquelas persoas que cubran os boletos do concurso de tapas con oito selos de diferentes locais. Seis premios serán para gastar nos locais de hostalaría que participen no concurso e os tres restantes poderán trocarse en calquera establecemento do comercio e hostalaría local. O 25 de outubro coñecerase o nome de todos os gañadores.