As Pontes, 30 de xullo de 2018. Esta mañá, botou a andar o campamento de inglés que organiza o Concello de As Pontes durante os meses de agosto e setembro, a través da Concellería de Deporte e Xuventude.

O campamento, dirixido a estudantes de primaria do municipio, ten como obxectivo promover a inmersión na lingua inglesa e desenvolverase en tres quendas que inclúen actividades educativas, deportivas e de lecer.

A primeira quenda desta nova edición do campamento municipal de inglés, desenvolverase de luns a venres, en horario de 9:30 a 14:00 horas, nas aulas da academia de inglés situada na Rúa da Saúde 23 e estenderase ata o 10 de agosto.

A segunda desenvolverase entre o 13 e o 24 de agosto e a terceira quenda será do 27 de agosto ó 7 de setembro, nos mesmos horarios e localización.

O curso é de balde e aínda quedan prazas. Para máis información e inscribirse pódese chamar ou enviar un whatsapp ó 651 30 86 74 ou ó 667 31 66 71.

Campamento de inglés organizado polo Concello de As Pontes