RTVEume | A concellería de Xuventude ven de poñer en marcha a súa nova actividade formativa: un curso de coaching para monitores de tempo libre que arrincaba onte mesmo nas dependencias do centro de estudos Ensino.

Ata alí se desprazou o propio responsable municipal de xuventude, Jesús Tembrás, que agradeceu a participación da decea de monitores que, durante as vindeiras cinco semanas, tomarán parte neste curso gratuíto.

De feito, a iniciativa partía dos propios técnicos de tempo libre que, en máis dunha ocasión, demandaron a posta en marcha dun curso destas características para completar a súa formación, xa que dende administracións coma a autonómica ou provincial non se están a desenvolver actividades formativas deste tipo.

Dende a concellería de xuventude atendíase a esta petición, de ahí que, durante os vindeiros días e durante un total de 60 horas, os participantes recibirán contidos tanto teóricos como prácticos dirixidos a adquirir coñecementos sobre o coaching” no ámbito do ocio e o tempo libre, adentrándose nas diferentes técnicas de intervención do coaching con diversos grupos, desenvolvendo capacidades de autoaprendizaxe e autocrítica e utilizando os recursos e ferramentas precisas neste campo.

O programa deste obradoiro tamén abordará temas como o liderazgo e o traballo en equipo, os conceptos básicos de coaching aplicados ao campo do ocio e tempo libre; as técnicas grupais, habilidades sociais e comunicativas e o coaching de equipos.

Polo momento o número de anotados ascende á decea aínda que está previsto que tamén se oferte este curso a monitores de tempo libre doutros concellos da contorna para que sexa posible beneficiar ao máximo número de monitores posible.