As Pontes, 27 de abril| Turimos As Pontes: O proxecto As Pontes Experiencia Industrial, recibe unha interesante visita este sábado, 29 de abril, da Asociación Lucence de Automóviles Antiguos Autoclásico Lugo e da Asociación Coruña Veteran Car Coruña Veteran Car.

A Asociación Lucense de Automóviles Antiguos, é unha entidade formada por 200 socios e cuxa finalidade é promover e conservar o Patrimonio Industrial que conforman os vehículos de época.

Os vehículos históricos chegarán ao Concello de As Pontes en torno ás 11:00, e estarán expostos na Praza do Carmen ata ás 13:30.

Aproveitando a visita, coñeceran algúns dos puntos de maior interese patrimonial e turístico de AsPontes, e xantarán nun coñecido local de restauración da parroquia de Goente.