As Pontes, 21 de marzo| O sábado 15 de abril impartirase o I Clinic Lago das Pontes no Pavillón Municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Esta primeira edición organizada polo Club Baloncesto As Pontes estará centrada no baloncesto de base. A dirección do Clinic corre a cargo de Chiqui Barros e conta coa colaboración do Concello de As Pontes e da Federación Galega de Baloncesto.


O programa previsto é:

10:00DAVOR MATKOVIC (Zagreb, Croacia) co relatorio: A IMPORTANCIA DA TÉCNICA INDIVIDUAL.

Especialista en traballo de Técnica Individual. Adestrador do C.B. ALCOBENDAS, desde 2008 en BALONCESTO TORRELODONES, ex adestrador do ESPACIO TORRELODONES (1ª Nac. Fem.). Iniciou o seu labor de adestrador con categorías inferiores en Zagreb chegando a facerse con torneos internacionais coa Selección de cadetes de Zagreb (Francia 2003 ou Ljubjana 2004).

12:00 – CHIQUI BARROS co relatorio: SIMPLIFICANDO O ADESTRAMENTO: EXERCICIOS COMO MEDIO vs EXERCICIOS COMO FIN.

Adestrador do filial do BÁSQUET CORUÑA. Adestrou ao EMBUTIDOS PAJARIEL BEMBIBRE (LF1), UNIVERSITARIO DE FERROL, ADT TARRAGONA (LEB Bronce), INELGA VILAGARCÍA, CIRCUÍTO BADAXOZ (LEB2) e C.B. CALPE, AMBROZ PLASENCIA, CAB CORUÑA (1ª B). Mellor adestrador da liga Ecuatoriana (2015) e campión desta liga co equipo da Universidad Tecnológica Equinoccial (UTE) de Quito.

16:00 – ANGEL COLINO co relatorio: A PREPARACIÓN FÍSICA A través DO BALONCESTO.

Licenciado en INEF. Erasmus en FMH de Lisboa. Preparador físico e 2º adestrador do PALMA AIR EUROPA (LEB Oro) desde 2012-13, PALMA AQUA MÁGICA (LEB Oro 2007/08), preparador físico do ALCUDIA-ARACENA (LEB2 2004-05), CIRCUITO BADAJOZ (LEB2 2002-04).

18:00 – COLOQUIO

Aos inscritos facilitaráselles:

· Cartafol con material para apuntamentos.

· Guión das charlas.

· Acceso aos vídeos das charlas.

·  Café / tentempié no descanso entre as charlas da mañá.

· Diploma acreditativo de asistencia

· Certificación de asistencia á FGB, que contabiliza como 10 horas de formación + 1 CETI.

Para información ou contacto consultar a web do Club www.cbaspontes.es ou por e-mail a [email protected].

I-CLINIC-LAGO-DE-AS-PONTES-copia