As Pontes, 21 de outubro| A Concellería de Deportes e a de Benestar Social do Concello de As Pontes e o Clube Kick Boxing Frank organizan unha nova edición do curso de Defensa Personal dirixido ao colectivo de mulleres, que comezará o sábado 29 de outubro. As clases terán unha duración de hora e media, de 10:30 a 12:00 horas na piscina municipal, todos os sábados, durante o curso escolar 2016-2017, de xeito gratuito.

A inscrición formalizarase no Centro de Información á Muller, na Casa Dopeso 2º Andar ou no Polideportivo.