As Pontes, 18 de Setembro do 2017.

A “Asociación Cultural Lembranza da Vila” vai dar comezo, nunhas semanas, á súa nova campaña de clases de baile para a tempada 2017-2018 e, como é habitual, moitos serán os ritmos que se ofertarán este ano ao abeiro destes populares talleres.

Así, para este curso, teremos bailes latinos, os luns en horario de 21.00 a 22.30; os mércores, de 21.30 a 23.00 e os xoves de 21.00 a 22.30. Ademáis haberá clases os venres entre de 21.30 a 23.00 horas

Xa os martes estará reservado para os bailes de salón con dúas quendas de traballo: de 20.00 a 21.30 e de 21.30 a 23.00 horas.

Como é habitual hai prazas para todos os grupos polo que o único requisito pasa por anotarse no teléfono 609 97 66 79. Asemade, este mesmo número está a desposición dos posibles interesados para informarse sobre estas clases que arrincarán o vindeiro 2 de outubro.