Cine en As Pontes este fin de semana

149

As Pontes, 28 de novembro| Este fin de semana poderás gozar do mellor cine en As Pontes:

XOVES 30 NOVEMBRO
THE WAY

Esta proxección está enmarcado dentro do programa VISIÓNS da Deputación provincial da Coruña.

Casa Dopeso. Xoves 30 nov. 20:30h (entrada gratuíta) · 120 min. TP

Director:Emilio Estevez no Camiño de Santiago.

Sinopse: Un día, a Tom Avery (Martín Sheen), un reputado oftalmólogo viudo, comunícanlle que o seu fillo Daniel, co que nunca tivera boas relacións, morreu nos Pirineos durante un temporal. Tom, abatido, viaxa a Francia e, cando pescuda que o seu fillo estaba facendo o Camiño de Santiago, decide terminar a ruta no seu honor…
Martin Sheen, Deborah Kara Unger, James Nesbitt, Yorick Van Wageningen, Emilio Estévez, Simón Andreu

 

SÁBADO E DOMINGO

ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS
Sábado 2: 17.00h / 19.30h / 22.00h
Domingo 3: 17.00 / 19.30h.

Dirixida por Kenneth Branagh
Reparto: Kenneth Branagh, Penélope Cruz, Willem Dafoe, Judi Dench, Johnny Depp,Michelle Pfeiffer, Daisy Ridley….

Durante unha viaxe no lexendario tren Orient Express, o detective belga Hercules Poirot investiga un asasinato cometido no traxecto, e a resultas da cal todos os pasaxeiros do tren son sospeitoso.
NRM12 · 114min.· suspense