As Pontes, 8 de decembro| A ECOescola das Campeiras en colaboración coa FAEPAC, organiza dúas charlas informativas que tratan varias cuestións relacionadas coa enerxía eléctrica.

A primeiras delas terá lugar o xoves, 25 de xaneiro ás 20:00 h. Tratarase o tema da EFICIENCIA E O AFORRO ENERXÉTICO NO FOGAR.

A segunda charla terá lugar o xoves, 1 de febreiro ás 20:00 h. As cuestións a tratar nesta ocasión serán INTERPRETACIÓN DA FACTURA DA LUZ E BONO SOCIAL.

Ambas charlas celebraranse na Casa Dopeso.

Si che interesa coñecer que medidas podes tomar na túa casa para aforrar enerxía eléctrica e tamén cartos; si non tes claros tódolos puntos que se expoñen na factura da túa compañía eléctrica ou si necesitas asesoramento sobre o Bono Social, non dubides en asistir.

Para calquera consulta podes contactarnos no teléfono 673 240 434, a través do seguinte correo electrónico: [email protected] ou achegándote á ECOescola das Campeiras de luns a venres de 08:00 a 15:00h.