As Pontes, 16 de marzo| A violencia sexual é o delito máis silenciado e tamén o máis impune, polo que cómpre visibilizala e reflexionar sobre o verdadeiro impacto da violencia sexual na infancia, adolescencia e na vida adulta.

O luns 19 de marzo, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal terá lugar a Charla Violencia Sexual: Reflexións, na que participaran os seguintes relatores:

  • Estrela Gómez Viñas, Coordenadora de AGAMME (Asociación Galega contra o maltrato a menores).
  • Roberto Eimil Ferreiro, Coordenador de O Mencer.