As Pontes, 17 de novembro| Aprende a utilizar WhatsApp e coñece as súas novas funcións. Curso gratuito e emitido en directo por Internet na aula CeMIT da casa Dopeso. Mércores 23 de novembro de 11:30 a 13:30 horas.

A aplicación WhatsApp permíteche comunicar con amigos e familiares dunha forma rápida e sinxela a través do teu teléfono móbil.

Neste curso falaremos de funcións interesantes que ten WhatsApp como:

  • Uso de WhatsApp para comunicarse por chat, chamada ou vídeo chamada.
  • Utilidades de privacidade e seguridade da aplicación.
  • Creación e xestión de grupos e difusións.
  • Como compartir información a través de WhatsApp a contactos e amigos de temas de interese.

Apúntate e sácalle o máximo partido a WhatsApp!