Charla sobre a muller e a sexualidade na madurez

57

As Pontes, 3 de xuño| O Concello de As Pontes programou para mañá, martes día 4 de xuño, unha charla sobre a muller e a sexualidade na madurez.

Será impartida pola Doutora María Jesús Castro Abella, pontesa especialista en mediciña familiar e comunitaria, falará das preocupacións que teñen algunhas mulleres no tocante á sua sexualidade despois dos 40.

Os estudos apuntan a unha alta porcentaxe de mulleres que senten preocupación pola sua sexualidade ó chegaren á madurez. Son moitas as que sosteñen que a sexualidade se vive dunha forma distinta pola madurez e as experiencias vividas nas súas relacións.

A cita, para falar de todos estes temas, é o martes 4 de xuño, ás 20:00h no segundo andar de Casa Dopeso (aula polivalente).