As Pontes, 17 de febreiro| O luns 20 de febreiro ás 20:30h na Casa Dopeso terá lugar unha charla informativa sobre a plaga da pataca. Será impartida por D. Ángel Alvariño, Enxeñeiro agrónomo e D. Antonio Rivera, Técnico da Consellería do Medio Rural. Informarán sobre a normativa sobre as plantacións para autoconsumo e sobre a normativa reguladora da loita contra a plaga.