[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A asociación de veciños de A Madalena foi a destinataria onte dunha nova charla impartida por un membro da Gardia Civil do destacamento local, dirixida especialmente a persoas maiores, e dentro do “Plan Maior Seguridade” promovido dende a Concellería de Atención Cidadá.

Aunque a fin é previr sobre o maltrato, roubos, furtos, estafas e uso fraudulento das súas propiedades e fondos por parte de terceiras personas, no noso municipio están a adaptarse estas intervencións á realidade local e cada barrio en particular, con visitas a todas a asociacións veciñais e dirixíndose a toda a poboación.

Cunha atención especial para as zonas rurais, en calquera caso sempre se pretende fomentar a confianza dos maiores para denunciar e perfeccionar a resposta policial en relación á súa actuación coas personas maiores.

A través destas charlas, dende o Concello, que colaborou coa Gardia Civil para chegar a toda a cidadanía a traverso dos colectivos veciñais, trata de fomentar a confianza do colectivo dos maiores nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como perfeccionar a resposta policial dos axentes cando actúan con persoas maiores, de xeito que teñan unha sensación de maior seguridade.

Mañá retómanse as citas en Beira do Eume ás oito do serán.

[/fusion_text][/fullwidth]