Charla como reducir a factura da luz sen deixar de consumir electricidade

61

As Pontes, 11 de xuño| Cruz  Vermella organiza  as charlas-taller “Como reducir a factura dá luz  sen  deixar de consumir  electricidade” para amosar ós asistentes algúns consellos para aforrar na factura da luz.

As charlas celebraranse o mércores, 20 de xuño e o martes 26 de xuño ás 09:30 horas, ás 11:30 horas e ás 17:00 horas na Casa Dopeso. 

O número de  prazas  é limitado (25 por sesión) polo que é necesario inscribirse no departamento de  Servizos  Sociais antes  do 18 de  xuño, en horario de 8:30 a 13:30 horas, comunicando a sesión  na que se  quere participar. As  prazas se  adxudicarán por  orde de  inscrición.

A todas  as  persoas participantes  na charla se  lles entregará un Kit de  aforro  enerxético  composto por: lámpadas de  baixo consumo,  reflectores dous radiadores,  regretas eléctricas e  burletes para  as portas.