[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume|Ademáis de desfrutar do mundo dos fungos e cogumelos, durante a xornada do primeiro de Novembro tamén teremos a oportunidade de facer unha nova homenaxe á música tradicional da nosa terra, e é que, por segundo ano consecutivo, o grupo No Cómbaro vai poñer en marcha os seus Cantos de Taberna.

Un total de dez formacións musicais, a maioría de fora da nosa vila, vanse sumar a estes cantos de taberna que xa na súa estrea no 2014 foron todo un éxito, facendo que o son de gaitas, pandeiretas e tamborís se escoitase por todos os recunchos do centro urbano.

Para esta segunda convocatoria, contarase cun total de dez agrupacións que entre as 12 e as 3 da tarde, e de 7 a 10 da noite, percorrerán unha ducia de bares do centro do pobo que tamén se animaron a albergar estes particulares concertos.

Así, nos bares Jardín, fervenza, Vales, Centro, Botellería, Tres Pontes, a cepa, A Capilla, o Marbella, Sete Camiños, Mercado Vello e Bóveda poderemos escoitar aos ponteses Os Suplentes, os feroces da Galgueira, os Tabernantes ou aos organizadores de No Cómbaro e aos que se unirán os orteganos airiños do cú, os coruñeses Millo Verde, a formación Aquí e Alá de Noia, os nedenses Vai de Baranda, os Sobraos de Bergondo e os vilalbeses Buxos Verdes.

E tras deixar boa proba da súa música por esta ducia de bares, todos os grupos participantes protagonizarán un concerto, ás 10 da noite, no escenario que se instalará na carpa do colexio santa maría e que será de entrada totalmente libre.

[/fusion_text][/fullwidth]