Cantajuego presenta en As Pontes “Estés donde estés”

456

As Pontes, 24 de maio| O sábado, 7 de xullo, CantaJuego estrena na nosa localidade “Estés donde estés”. Un novo formato de espectáculo. Será a primeira vez, e tal vez a única, que se poderán ver os tres spin off en España.  

Puli e Rodri, Ainhoa e Tallarín, Pizza e a Troupe serán os encargados de liderar este espectáculo, dando continuidade á exitosa serie “Viva o meu Planeta”, en 3 diferentes espectáculos onde se interpretarán os éxitos da saga e os clásicos de CantaJuego, sempre acompañados por Coco e Pepe entre outras entrañables personaxes. 

Interpretado polo Grupo Encanto, CantaJuego é a oportunidade para os adultos de achegarse ós nenos, rir, e gozar de belas cancións xunto aos personaxes que conviven no mundo da fantasía e do xogo. 

VENDA DE ENTRADAS:

Mercar entradas: AQUÍ

  • Taquilla: 6 de xullo, de 12:00 a 13:30h. 7 de xullo, de 12:00 a 13:30h e unha hora antes de cada sesión.
  • Sesións: Sábado, 7 de xullo, ás 18:00 e as 20:00 horas
  • Público: Todos os públicos
  • Prezo: 8 € entrada infantil (ata 12 anos) · 14€ entrada adulto