Cantajuego estrea espectáculo en As Pontes

115

As Pontes, 7 xuño de 2018.  Cantajuego chegará o próximo 7 de xullo, ó auditorio municipal Alovi para estrear “Estés donde estés” un novo formato de espectáculo no que se representarán, por primeira vez en España, tres shows diferentes.

Trátase dun ambicioso proxecto artístico no que, da man de “Puli y Rodri”, “Ainhoa” e “Tallarín y Pizza Margherita”, acompañados por Coco, Pepe e outros personaxes, farase un percorrido polos  éxitos da saga e os clásicos de Cantajuego.

O obxectivo desde espectáculo é lanzar, entre todos os asistentes, unha mensaxe sobre a importancia da sustentabilidade e o coidado do planeta dando continuidade, deste xeito, á serie “Viva mi Planeta”, nominada  ó  Grammy Latino.

Estés donde estés , con dúas sesións, ás 18:00 horas e outra as 20:00 horas, traerá a As Pontes, un espectáculo onde se conxugarán  a música, o baile, o xogo e o humor. Ademais, aproveitando o excepcional marco do auditorio municipal realizarase unha gravación profesional das funcións.

As entradas xa están a venda no portal web Ticketea con prezo de oito euros para rapaces menores de 12 anos e de 14 euros para o resto do público. As entradas tamén se poderán mercar no despacho de billetes do auditorio municipal o día antes do espectáculo, de 12:00 horas a 13:30 horas e, o día do espectáculo no mesmo horario e unha hora antes de cada sesión.

Cantajuego

Nace no ano 2004 como un proxecto pedagóxico-musical en formato vídeo, orientado a rapaces de entre cero e seis anos, creado por especialistas en estimulación psicomotriz e traballo psicopedagóxico co obxectivo de favorecer a psicomotricidade  e do desenvolvemento dos  sentidos entre os máis pequenos a través da música e o baile.

Melodías baseadas no cancioneiro tradicional español e iberaoamericano que melloran a autoestima grazas o desenvolvemento do sentido rítmico, xestual e expresivo e,ofrecen ós adultos unha oportunidade para achegarse os rapaces e pasar máis tempo xogando xuntos.

Desde a posta en marcha do proxecto, CantaJuego logrou máis de 40 discos de platino, un millón e medio de copias vendidas e más de un millón de espectadores en máis de 1.250 funcións ininterrompidas desde o ano 2007.