As Pontes, 31 de xaneiro| O vindeiro domingo dia 4  de febreiro de 2018, nas instalacions do polideportivo municipal de As Pontes ás 9.30 horas, terá lugar o Campionato arriba mencionado nas categorias Senior e Para karate e nas modalidades de Kata individual en Para karate e nas modalidades de Kata e Kumite individual na categoria  Senior.

O mencionado Campionato está organizado pola Federacion Galega de Karate e D.A. coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e Deporte Galego e patrocinado polo Concello de As Pontes

No devandito evento participan un total de 50 deportistas pertencentes a 13 clubs da autonomía galega dos que se formará a selección para representar a Galicia no vindeiro Campionato de España Senior e Para karate a celebrar en Sevilla o 24 e 25 de marzo de 2018.

Relacion de clubs participantes:

 

AKAI RYU Negreira (A Coruña)
KARATE-DO CARBALLO Carballo (A Coruña)
KARATE CLUB MACEDA Maceda (Ourense)
CLUB KARATE ORTIGUEIRA Ortigueira (A Coruña)
RIVER STONE O Barco (Ourense)
SHIHAN Lugo (Lugo)
CLUB SAN FCO. TEO Os Tilos-Teo (A Coruña)
E.S.K. NARON Narón (A Coruña)
RENBUKAN Ferrol (A Coruña)
BUNKAI Ferrol (A Coruña)
A.D. O COTO Negreira (A Coruña)
ZANSHIN VIGO Vigo (Pontevedra)
J.K. A Coruña (A Coruña)