O vindeiro domingo día 2 de xuño de 2019, terá lugar no Polideportivo Municipal de As Pontes, en xornada de mañá  a partir das 9.30 horas o Campionato Galego de Clubs.

No devandito evento, que está organizado pola Federación Galega de Karate e D.A., no que  colabora o Concello de As Pontes, a Secretaría Xeral para o Deporte e  a Fundación Deporte Galego,  participan un total de 64 equipos (200 deportistas) nas modalidades de kata e kumite por equipos nas categorías Alevín, Infantil, Xuvenil, Cadete, Junior e Sénior  masculino, feminino e mixtos,  pertencentes a 15 clubs da Autonomía Galega

CLUBS PARTICIPANTES

  • A.R.C. Grupo Bazán (Ferrol- A Coruña)
  • Club Akai Ryu (Negreira- A Coruña)
  • Club Artes Marciales Fene (Fene- A Coruña)
  • Club Bunkai  (Ferrol- A Coruña))
  • Club Galaico (Lugo)
  • Club Galea Sport (Miño – A Coruña)
  • Club de Karate Casino de Ares (Ares-A Coruña)
  • Club Karate C. Carballo (Carballo- A Coruña)
  • Club Renbukan (Ferrol- A Coruña)
  • Club River Stone (O Barco de Valdeorras- Ouense)
  • Club San Francisco Teo (Teo- A Coruña)
  • Club Shihan (Lugo)
  • Club Fundación Cipri Gomes (Ourense)
  • Escola de Karate Cedeira (Cedeira-A Coruña)
  • Karate Club Chantada (Chantada- Lugo)