]As Pontes, 9 de decembro| Hoxe arranca a campaña Vive en Igualdade, organizada polo Concello das Pontes, para Conmemorar o Día Internacional en contra da Violencia de Xénero, na que colaboran un total de 70 establecementos ponteses.

Esta campaña deseñouse para integrarse dentro da Campaña do Nadal, na que os diferentes establecementos ceden o seu espazo para sensibilizar á cidadanía na igualdade entre homes e mulleres.