As Pontes, 3 de xaneiro de 2019. Xa está aberto o prazo para inscribirse na campaña de inverno 2019, organizada pola Deputación da Coruña e na que participa o Concello de As Pontes.

A campaña está dirixida a rapaces e rapazas, empadroados en As Pontes, con idades comprendidas entre o 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2019). Os participantes poderán gozar de catro días na estación de inverno de Cabeza de Manzaneda e asistirán a clases de esquí.

Os nenos/as ponteses/as participarán na cuarta quenda, entre o 15 e o 19 de febreiro. As fichas de inscrición poden descargarse da páxina web do Concello ou recollerse no Polideportivo Municipal. As follas de inscrición cubertas poden entregarse no Pavillón ata o 10 de xaneiro.

Máis información sobre a campaña e ficha de inscrición DESCARGAR