[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

RTVEume| A Concellería de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego a través do Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), está a desenvolver nestas últimas semanas, unha nova campaña dirixida a impulsar o comercio de proximidade.

Baixo o título Todos Sumamos, a concellería que dirixe Ana Pena anima ós veciños e veciñas do municipio a decantarse pola ampla variedade de establecementos comerciais situados no municipio para realizar tanto as súas compras diarias coma aquelas xa máis estacionais, como acontece coa campaña de Nadal que, en poucas semanas se vai poñer en marcha.

E é que, segundo apuntou a edil, cada vez que mercamos nun establecemento da localidade, estamos investindo no noso futuro, xa que o sector do comercio mantén centos de postos de traballo no municipio, ademais de ser un dos puntos principais nos que se asentan gran parte das iniciativas do emprendedurismo local nos últimos anos.

Ana Pena fixo especial fincapé no relevante papel de veciños e veciñas á hora de reactivar este sector e é que, tal e como explicou, “que un pontés se decante por realizar as súas compras nun comercio da vila repercute directamente na economía do municipio e na súa dinamización. Ademais foméntase a competitividade e a posta en marcha de novas estratexias innovadoras que permitan aos locais comerciais ser máis atractivos para os seus clientes, máis competitivos e ir aumentando a súa oferta de produtos e servizos”.

Asemade, a edil enumerou outras grandes vantaxes de confiar no tecido comercial local e que conta con valores coma a proximidade, a profesionalidade e o servizo directo que, nunha gran superficie é máis difícil de atopar. Uns valores aos que se suma un trato personalizado, de garantía e calidade e a carón dos nosos fogares, o que tamén supón un aforro tanto de tempo como de cartos en desprazamentos para o consumidor.

Todos sumamos pretende completar e reforzar outras campañas en prol do comercio local e que, de xeito estacional, se desenvolven durante todo o ano no municipio como o Merca nas Pontes de campaña de Nadal, O Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes ou o Móvete por As Pontes que pretenden tamén lograr que veciños e veciñas aposten polo comercio que teñen a carón dos seus fogares e que nada ten que envexar ás cadeas comerciais das grandes cidades.

[/fusion_text][/fullwidth]