Campaña Conquista os elementos

103

As Pontes, 7 de xuño|A campaña, CONQUISTA OS ELEMENTOS, impulsada pola Deputación da Coruña para xerar coñecemento e conciencia en torno ao deporte feminino e  axudar a súa visibilización á das súas protagonistas , chegará a As Pontes  a próxima semana.

O mércores, 13 de xuño, ás 12:00 horas, na Casa Dopeso proxectarase o documental “CONTRA OS ELEMENTOS”  composto por catro pezas, cada unha delas identificadas cun elemento da natureza: terra, auga, lume e aire, no que se reflexiona sobre a necesidade de reivindicar o papel das mulleres no deporte así como fomentar o deporte de base e de elite

Ao finalizar a proxección haberá unha charla coloquio  que contará coa presenza de dúas relatoras de excepción, as deportistas pontesas, Malena Mieres e Cynthia Arias.