As Pontes 4 de Agosto do 2017

A Concellería de mocidade do Concello de As Pontes volvía ofrecer este ano a iniciativa pioneira de campamentos de inmersión en lingua inglesa.

Este verán é xa o segundo que no mes de agosto se ofertan os obradoiros de inglés Summer Fun, unha iniciativa que se estreaba o pasado verán coa colaboura da academia local You Can School.

25 estudantes de entre primeiro e sexto de educación primaria, toman parte en cada unha das tres quendas deste mes de agosto.

Participan así nuns entretidos talleres gratuítos nos que aprenden a utilizar a lingua inglesa no seu día a día pero, iso sí, nun contexto do máis divertido, xa que non faltarán as clases de cociña, os deportes, o baile, as excursións por diferentes puntos do casco urbano, as clases de robótica e ata leccións de ioga. Trátase de desenvover actividades cotiás e lúdicas, pero sempre na lingua de Shakespeare.

E todo isto apelando á práctica e deixando a un lado a complicada gramática inglesa para apostar por leccións do máis útiles para a vida cotiá, en contextos propios do noso día a día, coa lingua oral como principal piar de traballo.

Dende a Concellería que dirixe Jesús Tembrás, amósanse moi saisfeitos con éxito desta iniciativa “ En As Pontes temos unha ampla oferta para conciliar no verán, cos campamentos urbáns, as actividades de campismo de Vilarbó, os diferentes campus deportivos, e mesmo actividades de ocio puntuais dirixidas á xuventude. Pero quixemos ir máis aló e ofertar ós pais e nais unha actividade de ocio que ó mesmo tempo servise para achegar unha oferta educativa dun xeito que para os nenos e nenas nond eixade de ser unha actividade vacacional”.

O mércores remata xa a primeira quenda, e xa ó seguinte día tomará o relevo a segunda,que terá lugar entre os días 10 e 23 de agosto e xa quedará logo a terceira, que arrancará o 24 de agosto e extenderase ata setembro, o día 6.

O horario é sempre de mañá, de 9.30 a 2 e nas dependencias da escola You Can School, na rúa da saúde número 23.