Convocatoria de prazo para a inscrición ao “Campamento Urbano de Verán 2.019”, para a realización de actividades lúdico-educativas dirixidas a nenas e nenos do Concello das Pontes, durante os períodos de vacacións que permitan ás mulleres a conciliación e a súa promoción social e laboral.

A actividade vaise desenvolver durante as seguintes datas: do 24 ao 30 de xuño, o mes xullo, o mes de agosto e do 2 ao 6 de setembro, en días laborables, de luns a venres, coa posibilidade de dous horarios:

  • Opción A: de 8:00 a 14:30 horas (con servizo de transporte).
  • Opción B: de 10:00 a 14:30 horas.

A actividade vai dirixida aos nenos e nenas nados entre 2.007 e 2.015 do Concello das Pontes. O número de prazas é o seguinte:

  • Mes de xuño: 30 prazas.
  • Mes de xullo: 70 prazas (65 prazas e 5 para nenos/as con necesidades educativas especiais)
  • Mes de agosto: 70 prazas (65 prazas e 5 para nenos/as con necesidades educativas especiais)
  • Mes de setembro: 30 prazas.

O lugar de inscrición será no Rexistro Municipal do Concello, desde o 5 ao 14 de xuño de 2.019, en horario de 8:30 a 13:30 h.

Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica: http://sede.aspontes.com/es/index.html.

CRITERIOS DE ADMISIÓN.

  • Estar traballando ou realizando algún curso de formación e non en período de vacacións.
  • Respiro familiar por cuidado de persoa dependente ou enfermidade. (Presentarase se é o caso informe médico ou dos servizos sociais municipais).

Nas situacións de separación y/ou divorcio presentarase unha declaración xurada na que faga constar o período de vacacións que pasará o/a menor con cada proxenitor/a.

Unha vez demostrados os anteriores requisitos, terase en conta o número de rexistro de entrada da solicitude, tendo preferencia as solicitudes que acrediten feacientemente a necesidade do servizo durante todo o período que se solicita.

COTA DE INSCRICIÓN.

  • 10 €/mes por inscrición, nos meses de xuño e setembro.
  • 40 €/mes por inscrición, nos meses de xullo e agosto.

Podes consultar as bases aquí

Ficha de inscrición descargar