Cambio de ubicación para picar flor para a alfombra floral

129

As Pontes, 11 de xullo| A concellería de Cultura anunciaba hoxe o cambio de ubicación para a elaboración  da Alfombra floral. A preparación da alfombra comeza cos traballos de picado de flor que comezan o próximo xoves 13 de xullo.

Convídase a todos os veciñ@s de As Pontes a axudar na elaboración da alfombra floral. Para picar flor e verde o  xoves 13, venres 14 e sábado 15 a partir das 16h no pavillón polideportivo Monte Caxado, e na confección da mesma a madrugada do domingo na Praza do Carme.

Todas aquelas persoas que queiran colaborar cun donativo para flores para a confección da Alfombra Floral en honra á Virxe do Carme pódennos deixar nas florerías, ou achegar a flor ao pavillón polideportivo Monte Caxado.