[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][images picture_size=”auto” hover_type=”none” autoplay=”no” columns=”3″ column_spacing=”13″ scroll_items=”” show_nav=”yes” mouse_scroll=”no” border=”yes” lightbox=”yes” class=”” id=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/10/Saborea3.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/10/Saborea5.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/10/Saborea6.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/10/Saborea4.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/10/Saborea2.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/10/Saborea1.jpg” alt=””][/images][fusion_text]

A Cafetería A Botellería e o Mesón O Martínez proclamáronse onte á tarde gañadores do VII Certame de Tapas Saborea As Pontes que, un ano máis, organizou o Concello de As Pontes, mediante o departamento de Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego, coa colaboura do Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), a Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes e Almacenes Orense.

Así na categoría de tapa máis popular, escollida polo público, o premio recaía no pincho titulado Tronquito de Jomeini, presentado pola Botellería, e que estaba composto por un emparedado de roxós con reducción de verduras da parroquia pontesa de Ribadeume e mazá caramelizada, que logrou o apoio do máis do 22% das 944 papeletas válidas e que foron cubertas polo público que, durante dez días, percorreu os 33 bares, mesóns, cafeterías e restaurantes que, este ano, se sumaron a esta iniciativa, establecendo un novo record de participación.

A loita final entre as votacións do público estivo do máis axustada xa que completaron o podium o Trastoy 3 co seu Mentras falas, non comes; e o Mercado Vello na terceira posición co seu lombo de porco con prebe de queixo e freixó recheo.

No tocante ao galardón outorgado polo xurado, o mesón O Martínez facíase co respaldo do mesmo, da man do seu Taco Mariñeiro, tras dunha axustada loita final co Trastoy 1 e o Café Bar Las Torres e as súas respectivas propostas: O saco de Manuel e a Cata de Doce e Salgado.

Os nomes dos premiados déronse a coñecer nun acto celebrado na tarde de onte no Mercado de Abastos e que estivo presidido pola edil Ana Pena, ademáis dos integrantes do xurado desta edición: Chiruca Saavedra, da Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes; María Martínez, en representación da Asocición de Amas de Casa de As Pontes, Juan Manuel Gómez do clube gastronómico El Gurmet e Manuel Ferreira en calidade de integrante da Casa do Mel de Goente.

A edil de Hostalería e Comercio agradeceu a participacion dos membros do xurado, e o gran respaldo dos veciños e veciñas a este certame que, unha vez máis, sairon á rúa desfrutar das diferentes propostas dos bares e cafeterías do municipio, un certame no que se repartiron preto de 28200 tapas, mais de mil máis que na edición de 2014, o que reflexa o enorme éxito de participación.

A concelleira finalizou a súa intervención animando aos presentes a continuar participando nesta liña de traballo conxunta, que ven de demostrar un ano máis, a súa visible repercusión na dinamizacion socioeconomica da vila, e felicitando a gran implicación dos hosteleiros neste sétimo certame de Saborea As Pontes.

A clausura deste VII Certame Saborea As Pontes completouse coa entrega dos seis vales de 200 euros a gastar no comercio e hostalería local e que onte se sorteaban entre todas as papeletas debidamente cubertas que tomaron parte neste certame.

Os afortunados foron Ricardo Fernández López, Mari García, Iván Fernández Carballeira, Ángeles Gabeiras, María José Ramil e María Ferrer Vázquez que tamén asistiron a esta entrega de premios, onde recolleron cadanseu vale e que poderán gastar ata finais de ano nos comercios locais ou nos establecementos hostaleiros que tomaron parte nesta sétima edición de Saborea As Pontes.

[/fusion_text][/fullwidth]