RTVEume| Ás portas do verán, en que as expectativas son positivas no eido laboral, co habitual incremento da contratación, as cifras do paro volven arroxar datos positivos para o noso município.

Dentro dun contexto de baixada xeral no conxunto da bisbarra, As Pontes mantén a liña de caída do desemprego que acumula xa neste ano, para deixar a cifra do mes de maio en 749 parados, 19 menos que o mes pasado, o que se traduce nunha reducción do 2´47 %.
Entre os datos maís salientables que se poden extraer destas estatísticas está que as contratacións novas cadran tamén cun repunte no eido da cosntrución, á espera dunha previsible maior incidencia do sector servizos cos meses do verán.
A suma da evolución interanual segue a arroxar cifras moi positivas, ó manterse esta tendencia de recuperación que nos leva a estabilizar unhas cifras por debaixo do paro que tiñamos denantes do inicio da crise, en que se partia con 1.079 desempregados, maís de 300 por riba das estatísticas actuais.
Os logros acadados dende a concellería de Emprego seguen a provocar no Departamento unha satisfación comedida.
Se ben estes datos que confirman unha tendencia nada común nestes tempos:, e son moi esperanzadores, serven tamén para reafirmar o empeño da Concellería que dirixe Ana Pena a seguir a promover todo tipo de iniciativas encamiñadas á creación de emprego.