As Pontes, 26 de outubro| O bo tempo está a axudar ó desenvolvemento do ambicioso programa do As Pontes enPEZAS.

Agora mesmo están a coller xa forma os traballos do Rego do Muiño e as Avdas de Galicia e Ortigueira.

Aínda hoxe continuaban as intervencións en Irmáns Tojeiro, coa claboura de Aspanaes, e no Rego do campo con A Xanela.

Os artistas Rubén Moledo e Yoseba MP seguen tamén a dar forma a senllas pinturas, e mañá sumarase tamén, xa na Fraga, Diego González.

Este proxecto artístico na rúa busca o enbelecemnto dos lugares nos que se están a realizar os murais, que seguramente servirán mesmo como atractivo turístico enmarcados nun Plan de Humanización que gaña así un novo elemento.

Os muros e fachadas nús, e moitas veces obxecto de mesmo de vandalismo, pasan así a albergar arte que mellora o entorno urbán.

E a súa execución conta ademais coa variante social, pois ós nomeados artistas que están a dirixilos súmase a colaboura de colectivos locais.