As Pontes, 13 de xaneiro| O Concello de As Pontes organizou un acto na casa consistorial para facer entrega das distincións aos 19 proxectos emprendedores que viron a luz no ano 2016, grazas ás dúas liñas de axuda do IPPEC: Instálate e Impúlsate. O acto celebrouse o 11 de xaneiro de 2017 e fixeron entrega das distincións o alcalde, Valentín Formoso, a edil de emprego Ana Pena e o concelleiro de industrial Juan Carlos Romero.