[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

AS PONTES EMPRENDE 2016

As Pontes Emprende, presenta a súa terceira edición cun programa que ten como obxecto o  fomento da cultura emprendedora, axudar a dinamización das novas iniciativas empresariais así como apoiar o desenvolvemento e a posta en marcha de novos proxectos emprendedores en As Pontes. Esta acción contribúe á promoción e implantación das políticas activas de emprego relacionadas fundamentalmente coa creación de actividade empresarial, enmarcando accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.

O programa “As Pontes Emprende 2016” presentase con certas novidades, xa que este ano son tres as categorías polas que se pode presentar un emprendedor ao presente concurso. As bases reguladoras así como a solicitude de inscrición  pódense atopar no IPPEC ou ven descargándoas na presente páxina web do Concello. As diferentes candidaturas presentaranse no rexistro do Concello entre o 18 e o 29 de abril, e o acto final de entrega de premios aos gañadores terá lugar o 27 de maio no Auditorio Alovi.

1.-Concurso de proxectos emprendedores: Enfocado a promoción de proxectos xa constituídos dentro do marco do concello de As Pontes, ben como sociedades ou como autónomos.

– Mellor Proxecto Empresarial 2016

– Mellor Proxecto Autónomo 2016

2.-Concurso de Ideas Emprendedoras: Está dirixida aquelas persoas que teñen unha idea empresarial pero que aínda están en proceso de estudo do plan de empresa e da súa correspondente viabilidade.

– Mellor Idea Emprendedora 2016

3.-Concurso de Ideas Emprendedoras de Estudantes: Enfocado o tecido de estudantes, onde os alumnos dos centros educativos poden presentarse cun proxecto sobre algunha idea empresarial futura para As Pontes.

– Mellor Idea Emprendedora de Estudantes de Educación Primaria 2016

– Mellor Idea Emprendedora de Estudantes de Educación Secundaria 2016

Para calquera aclaración ou dúbida co presente programa, podemos solicitar información e axuda no Instituto Pontes de Promoción Económica no propio Concello, así como nas entidades colaboradoras como Asociación SEARA, Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes, Euroeme, Asociación Aje.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]