Neste concurso podrán participar todos os escolares de infantil, primaria e secundaria do Concello das Pontes. 
Os traballos deberán presentarse por grupos non inferiores a 5 membros ou colectivos de aula, nivel ou ciclos. (Non serán admitidos nin valorados traballos individuais ou de grupos de menos de 5 alumnos.)
 
Serán aceptadas todas as manifestacións artísticas e naturais en diferentes formatos e modalidades que representen o fascinante mundo dos fungos. 
 
Poderanse presentar debuxos, pinturas, composicións artificiais ou naturais (non se admitirán produtos perecedoiros), fotografías, setas modeladas en plastilina, cartón, barro, etc…
 
Haberá  10 premios en vales por valor de 40 € cada un para o alumnado de Educación Infantil. 10 premios en vales por valor de 40 € cada un para o alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria e 10 premios en vales por valor de 40 € cada un para o alumnado do segundo ciclo e o alumando de ecundaria obrigatoria e postobrigatoria recibirán 10 premios en vales por valor de 40 € cada un. Ademais haberá unha mención especial ao cartel da feira 2019 que recibirá un premio en vale de 100 euros

Data tope para entrega dos traballos o venres 18 de outubro ás 12h 

Máis info: VER BASES