Bases do concurso de fungos da XXIX Feira de Fungos e Cogomelos

60

As Pontes, 23 de outubro| O domingo, 28 de outubro, a partir dás 09:00 horas, na Praza de Abastos, dará comezo o tradicional concurso de cestas da Feira de Fungos e Cogumelos. Aquelas persoas que desexen participar, deberán inscribirse, antes da feira (ata o venres, 26 de outubro, ás 12:00h) no teléfono  981440344 ou correo [email protected]  ou o mesmo día da Feira ata ás 10:30 horas, na praza de abastos.

Entre os participantes repartiranse un 1º premio de 400 euros, un 2º premio de 200 euros, un 3º premio de 150 euros, un 4º premio de 100 euros e un 5º premio de 75 euros. Ademais haberá un premio especial xuvenil valorado en 75 euros e un premio especial  de 400 euros

Máis info: VER BASES