As Pontes, 15 de marzo| Prazo de presentación de solicitudes: do 16 ao 23 de marzo, de 8:30 a 14:00 h, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso).

Documentación a presentar:

  • Fotocopia da Declaración da Renda ou Certificado Negativo emitido por Facenda do último ano.
  • Xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM, contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións …
  • No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración xurada da situación económica da familia
  • Movementos bancarios de todas as contas da unidade familiar dos últimos 6 meses
  • Último recibo de alugueiro ou hipoteca
  • Se é o caso, fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.