Axudas municipais a entidades deportivas locais

180

As Pontes, 15 de xuño| A concellería de Deportes abrirá hoxe, 15 de xuño, o prazo para a solicitude das axudas municipais deste exercizo dirixidas a entidades deportivas locais e que suporán un desembolso de 450.000 euros.

Deste xeito, a administración local busca fomentar e apoiar ás entidades sen ánimo de lucro que traballan no municipio para a promoción do deporte en todos os tramos de idade, fomentando a práctica deportiva, a participación cidadá e a democratización da sociedade.

As asociacións deportivas pontesas terán dez días para presentar, telematicamente, toda a documentación esixida e deste xeito beneficiarse desta partida coa que se poderán sufragar gastos derivados da organización de actividades deportivas, material, seguros de responsabilidade civil e de accidentes, retribucións para persoal técnico e monitores, gastos de voluntarios ou colaboradores, premios en metálico, axudas de custo por desprazamento para realizar a actividade subvencionada, gastos federativos, de arbitraxe, gastos médicos, avituallamento, combustible, transporte, aloxamento, publicidade, serigrafía, trofeos, roupa deportiva ou reparacións e mantemento de instalacións ou equipamento vencellado á actividade deportiva, en cuestión.

Todos os requisitos a presentar, ademáis dos criterios de concesión e demáis detalles sobre estas axudas xa se poden consultar no boletín oficial da provincia, no enderezo www.dicoruna.es, na súa edición do mércores 14 de xuño de 2017, e unha vez recompilados todos os datos será preciso presentalos mediante a sede electrónica do Concello, no enderezo www.sede.aspontes.com.