Axudas ás familias para material escolar CURSO 2017-2018

94

As Pontes, 19 de outubro| Con data 18 de outubro de 2017, publicouse nos taboleiros do Concello e do 2º andar da Casa Dr. Dopeso o listado provisional das axudas de material escolar do ano 2017 da convocatoria de setembro.

Os/As interesados/as teñen un prazo de dez días hábiles, dende o 18 de outubro ata o 2 de novembro (incluído) para presentar alegacións a esta lista provisional.

Ante calquera dúbida poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais, no 2º andar da Casa Dr. Dopeso, ou chamar ao 667129335.