[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]

Obxecto da convocatoria

O obxecto da presente Convocatoria Municipal é a concesión de axudas ás familias para atender os gastos orixinados polo comezo do curso escolar, entendendo por tales a merca de material escolar e de libros.

Persoas destinatarias das axudas

Poderán ser beneficiari@s destas axudas o pai /nai, ou titor legal do alumnado empadroado no termo municipal das Pontes que vaian cursar calquera dos seguintes estudios: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.

Requisitos

    1. Estar empadroado/a no Concello das Pontes

    2. Que os ingresos da unidade familiar (Declaración da renda: base impoñible xeral máis base impoñible do aforro) non superen os 19.500 euros, se ben no de familias numerosas incrementarase o umbral en 602,00 euros a partires do terceiro fillo/a. 

    1. Ter presentado solicitude de reserva para continuar no centro escolar ou solicitude de admisión para un posto escolar nun centro sostido con fondos públicos, no caso de non ser escolaridade obrigatoria.

    2. Terase en conta a situación familiar, previo informe dos Servizos Sociais do Concello, no caso de producirse algunha variación económica, social ou familiar durante o ano 2015

    3. Estar ao corrente coas obrigas fiscais da Axencia Tributaria, Seguridade Social, e o Concello das Pontes, ANEXO I.

Contía das axudas

A contía das axudas será variable segundo o curso do que se trate, 

CURSO ESCOLAR CONTÍAS

Educación Infantil 0-3 50 €

Educación Infantil 3-6 120 €

Educación Primaria e Secundaria 80 € 

Ciclos formativos 140 €

Bacharelato 140 €

Contémplase a posibilidade de financiar o custo total do curso escolar sempre e cando as circunstancias económicas e socio familiares o xustifiquen, previo informe dos servizos sociais.

Solicitude e documentación

  1. Fotocopia do DNI do solicitante.

  2. Certificación do padrón municipal da unidade de convivencia.

  3. Xustificante de Ingresos: Fotocopia da Declaración da Renda do último exercicio de todos os membros da unidade familiar, ou Declaración Xurada de non ter que presentala, así coma declaración xurada da totalidade de ingresos do solicitante e dos restantes membros da unidade familiar maiores de 18 anos, acompañada dos xustificantes dos respectivos ingresos.

  4. Fotocopia da matrícula no caso de escolaridade non obrigatoria (Infantil, BAC, ciclos formativos,…).

  5. ANEXO I debidamente cumprimentado.

    Só terá que presentar a seguinte documentación si non presenta a Declaración da Renda:

  6. Título de Familia Numerosa (se é o caso).

  7. Certificación do INEM das contías percibidas por prestación e subsidio de desemprego (se é o caso)

  8. Fotocopia do recibo de pensión actualizados (se é o caso).

  9. Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego (no caso de desempregados). 

  10. Fotocopia das nóminas de xaneiro a xuño (se é o caso).

Lugar e prazo de presentación

As solicitudes en modelo normalizado e mais a documentación aportada polas persoas solicitantes, deberán presentarse na oficina do Rexistro do Concello entre o 9 e o 28 de xullo de 2015. O alumnado que realice a matrícula en setembro para cursar BAC e Ciclos Formativos, terá de prazo dende o 9 ata o 16 de setembro de 2015 para presentar a documentación.

Documentación

Bases axudas material escolar

Solicitud material escolar

Anexo 1

[/fusion_text][/one_full]