Home As Pontes Axentes das forzas de seguridade fórmanse en As Pontes

Axentes das forzas de seguridade fórmanse en As Pontes

0
Axentes das forzas de seguridade fórmanse en As Pontes

As Pontes, 11 de decembro de 2018. O circuíto de karts de As Pontes acollerá, desde hoxe e ata o xoves, un curso de condución evasiva organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública coa colaboración do Concello.

Preto de corenta axentes da Policía e da Garda Civil, chegados desde toda Galicia, participan nesta formación dirixida a mellorar as técnicas de condución en situacións comprometidas, con rotativos acesos, e con condicións climáticas adversas así como a fomentar e promover un comportamento de autoprotección persoal ó volante.

O curso conta con dúas partes; unha parte teórica, que arrancaba onte na sede da Academia, na Estrada, na que os axentes puideron coñecer algúns fundamentos teóricos esenciais da condución policial de seguridade. E unha parte práctica, de 8 horas de duración, dirixida a que os participantes desenvolvan unha maior competencia na materia para afrontar os riscos que presenta a condución en situacións de emerxencia que se levará a cabo no circuíto de karts pontés.

Durante tres xornadas os axentes aprenderán, da man dos pilotos Sergio e Diego Vallejo, diferentes técnicas para controlar os vehículos, frear en situacións de emerxencia, efectuar entradas e saídas rápidas dos vehículos, realizar detencións en parada, en movemento e control estático así como outro conxunto de manobras e técnicas necesarias para protexerse ante calquera tipo de incidencia que poña en risco a súa seguridade.

X