As Pontes, 8 de febreiro| A PARTIR DO VINDEIRO MÉRCORES 15/02/2017 (INCLUÍDO) A OFICINA MUNICIPAL DE ASISTENCIA AO CIDADÁN EN MATERIA DE REXISTROS ADAPTARASE AO DISPOSTO NESTE ÁMBITO NA LEI 39/2015, DO 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

ASÍ:

  • As PERSOAS FÍSICAS poderán OPTAR entre comunicarse co concello de xeito presencial (mediante a presentación de documentación en papel) ou a través da sede electrónica do concello (https://sede.aspontes.com/es).
  • Para as xestións co CONCELLO DAS PONTES, OS SEGUINTES SUXEITOS DEBERÁN UTILIZAR A SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO (https://sede.aspontes.com/es) (as facturas as presentarán a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas: FACE: https://face.gob.es/#/es):
  1. As persoas xurídicas.
  2. As entidades sen personalidade xurídica.
  3. Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen co concello en exercicio de devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
  4. Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electrónicamente coa Administración.
  5. Os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.
    • Nestes casos, advírtese que se ben a Oficina Municipal de Asistencia ao Cidadán en Materia de Rexistros recollerá a documentación, o concello requirirá ao interesado para que a emende a través da súa presentación electrónica. A DATA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE SERÁ AQUELA NA QUE SE PRESENTE A DOCUMENTACIÓN NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO (artigo 68.4 da Lei 39/2015)
    • PARA COMUNICARSE CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS ESTES SUXEITOS DEBERÁN UTILIZAR AS SEDES ELECTRÓNICAS DOS RESPECTIVOS DESTINATARIOS