As Pontes, 17 de novembro| A aula CeMIT comezará unha nova iniciativa centrada no uso dos teléfonos móbiles.

O día 24 poñeremos en marcha “Uso cotiá dos teléfonos móbiles”. Esta actividade ten
como obxectivo axudar aos nosos maiores no uso dos teléfonos intelixentes. Dedicaremos unha hora e media tódolos venres para poder facer prácticas de uso e resolver posibles dúbidas.

Contidos:
• Axenda, contactos e aplicacións predefinidas.
• Axustes básicos.
• Instalación de aplicacións
• Whatsapp
• Navegación pola Internet
• GPS.
Uso cotiá dos teléfonos móbiles

  • Horario 10:30 a 12:00h
  • Periodicidade todos os venres
  • Duración Novembro – Xuño

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.