Se nestes días tivemos entre nós á comitiva chegada dende a vila irmandada de Lesneven, que retornan mañá a Francia, hoxe recibiamos a vista duns veciños destes, da localidade de Guerledain.

A vila irmandada con Sarria vive nestes días un intercambio no que a Comité galego decidía traer ós seus visitantes ata As Pontes para coñecer as singularidades da nosa localidade, concretamente as instalacións enerxéticas e o lago, xa que este mesmo municipio bretón conta tamén  cun lago destinado á producción hidroeléctrica.

Dende o Concello ofrecíaselles unha recepción oficial no Salón de Plenos na que estiveron 70 persoas entre representantes institucionais dos dous municipios galegos e a expedición gala.

A recepción estivo presidida pola teniente alcalde, Montserrat García, malia que posteriormente, tamén se contou coa presenza do alcalde Valentín González Formoso.

Asemade, entre os presentes contouse coa edil de Turismo, Ana Pena, que fixo entrega dun libro en francés en col da transformación da mina en lago a cada visitante de Guerledian, namentra que á concelleira de Turismo de Sarria, ao tenente de alcalde do municipio e á vicealcaldesa bretoa entregáronselle unhas réplicas do vaso campaniforme.

Ademais de agradecer a visita se lles ofreceu volver noutras ocasións, invitación que se fixo extensiva do lado contario convidando ós pontesea a coñecer Guerledain cando se acheguen pola Bretaña.

As referencias foron contínuas ó exemplo que para o resto de irmandamentos representa o caso pontés, que, no 2016, celebrará o cuarto de século de irmandade con Lesneven.

Precisamente, a vista deste ano pechábase oficialmente este mediodía cun xantar no local do colectivo veciñal das Campeiras no que estiveron anfitrións e visitantes; mesmo recibían a visita dos outros franceses, que unha vez finalizada a vista ó lago e ó casco histórico pararon saudar denantes de volveren a Sarria.