As Pontes, 25 de outubro| Será o sábado 4 de novembro e na Casa do mel de Goente.

O denso programa ocupará xornadas de mañá e tarde, e contará con expertos na materia que intercambiarán ideas e experiencias diversas na loita contra esta praga.

A inauguracións será ás 10:15h, a cargo do alcalde Valentín González Formoso, Presidente da Deputación Da Coruña.
Ás 10:30h teremos a primeira ponencia a cargo de Luis Rodríguez Lado Dr. Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. 
Luis Rodríguez está especializado na creación de modelos estadísticos de predicción medioambiental.

Falará da detención precoz da distribución potencial da vespa asiática mediante algorritmos estatísticos automatizados sobre plataformas dixitais.

E da tecnoloxía pasarase ó emprego dos parásitos autóctonos como ferramenta biolóxica neste combate contra a especie invasora.
Unha investigación da que falará, ás 11:15h, o Doutor en Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Xulio Maside.
O poñente dirixe actualmente o Grupo de Xenómica Comparada de Parásitos Humanos e o Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

A seguir chegaremos ao medio día coa comparecencia de Mariam Ferreira Golpe.
Enxeñeira forestal e do medio natural. Desenvolveu este traballo dentro do grupo de investigación ECOAGRASOC da USC.

A súa conferencia leva por título “Impacto da loita contra a vespa velutina nos custos das explotacións de mel”.

Toma o relevo ás 12:15h, o profesor na Universidade da Coruña, e enxeñeiro industrial, Carlos Álvarez, que disertará en col do paso do xerador de alta tensión á construcción da arpa.

Outra novidade das que están a estudarse relacionada coa aplicación das novas tecnoloxías, será a que presente o Director de Expansión especialista en drons, Jaime Reboredo, que presentará as aerocámaras.
Abrirase logo xa un tempo para coloquio sobre as poñencias da mañá e pararase ás 14:15h.

Á tarde retomaranse as xornadas ás 16:00h, cunha demostración práctica de eliminación de niños de velutina con dron, que presentará a empresa Aerocámaras.
Ás 17:00h será Ramiro Freire quen fale das arpas, como sistema de defensa contra as velutinas.

Estarán este productor de documentais, o técnico electrónico Jesús Blanco, e o electricista e apicultor Victor Manuel Cousillas.

Pecharase logo desta práctica, cunha mesa redonda con intervención de distintos apicultores que nos falarán tamén sobre distintos tipos de arpas eléctricas.