As Pontes, 31 de outubro| As Pontes vai vestir os escaparates de negro neste mes para sumarse á campaña En negro contra a violencia de xénero.

Unha iniciativa que onte presentaba a Concelleira de Participación cidadá Montserrat García, xunto coa directora do CIM, Maca Rego, e que se difundirá en espazos públicos e, sobre todo, no sector do comercio.

Dende a Administración local mantéñense reunións e contactos co sector comercial para informar dunha iniciativa coa que se pretende facer visible o rexeite social diante de calquera tipo de violencia contra das mulleres

En negro contra a violencia, arrancaba o ano pasado, e As Pontes foi unha das primeiras vilas en sumarse.

Este ano amplíase a participación sumándose novos Concellos e Deputacións e volverá desenvolverse ó redor da data do Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro.

As  Concellerías de Benestar Social, Cultura e Hostalaría e Comercio unificaban esforzos para promover o seguimento desta iniciativa e así promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía diante de calquera tipo de violencia contra as mulleres

O tecido comercial amosou xa a súa intención de colaborar cun As Pontes en negro que vai tinguir desta cor a vila, a través dos escaparates, e mesmo os manequíns, ou as indumentarias de traballo.

Será vestir de loito cando menos os escaparates, que contarán cos cartaces identificativos, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.