[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]O Concello das Pontes ven de aprobar as obras correspondentes aos importes adxudicados pola Deputación da Coruña no habitual Plan de Obras e Servizos (POS) por un importe de 506.009,30 euros

As obras a executar ó longo do ano 2016 son:

1.- Acondicionamento das beirarrúas en:

  • Rúa Alcalde Vilaboy Pajón, acondicionamento na marxe dereita das mismas nunha zona de moita confluencia pola presencia do Tanatorio.
  • Rúa Irmáns Tojeiro
  • Rúa Soutomaior mediante a ampliación de beirarrúas,  mellorando a súa accesibilidade.
  • Rúa Saúde, mellorando a seguridade vial.

2.- O Concello desde fai anos ven realizando distintas obras de mellora nos distintos Poboados, neste caso abordaránse as seguintes accións:

  • Poboado do Barreiro, realizando a 4ª fase de actuación mediante a mellora dos servizos e pavimentos e adecuando a zoa do mismo xeito que as fases anteriores.
  • Poboado da Fraga, tamén a 4ª Fase de actuación mediante a mellora de servizos e pavimentos.

3.-Seguindo as demandas dos veciños da zona das Campeiras para dotar de mayor amplitud de aparcamento farase unha actuación co obxectivo da mellora de seguridade vial e a renovación do saneamento. Por outro lado, na Rúa Covelos farase unha actuación para a mellora da seguridade vial.

4.- No Pabellón da Magdalena, moi utilizado para actividades deportivas, levaráse a cabo unha actuación na que se mellora o asilamento da pista, así como unha remodelación integral dos vestuarios dotándoos de servizos e acceso para minusválidos.

5.- Asimesmo acometeránse aglomerados en:

  • O Pazo na Faeira
  • Teixedelos
  • Casa do Vento
  • O Mazcoto na Faeira
  • O Carballal no Paraño

Por outro lado, cabe destacar que por primeira vez, a Deputación da Coruña, pon en marcha o denominado Plan de Acción Social (PAS), que otorga 690.000 euros ó Concello de As Pontes que serán repartidos nas seguintes accións:

1.- Remodelación integral da Rúa Rosalía de Castro mellorando a accesibilidade e a pavimentación.

2.- Remodelación integral da rúa posterior ó edificio do Concello mellorando a accesibilidade e os pavimentos.

3.- Reparación de aglomerados nas rúas do centro urbán: Avda. Vilalba, Rúa Xermade e A Cuveliña.

4.-Adecuación  da Avda. Castelao no tramo comprendido dende a recentemente remodelada Praza do Hospital ata a Biblioteca Municipal para conectar coa Avda. da Coruña.

5.- Asfaltado da estrada do Bidueiral e a de Palmeiro a Porto do Liño

6.- Reparación en estradas en : O Vilar, Os Regalados, A Graña, Recemonde, O Caneiro, A Rega, Da, Marraxón, Castiñeiro, Paipaz, Pereira e Os Currás.

7.- Remodelación e mellora da accesibilidade de beirarúas na Avda. de Lugo.[/fusion_text][/one_full]