As Pontes, 9 de xullo| O día 15 de xullo, ás 22.30 horas, no polideportivo municipal a compañía Nova Galega Danza, liderada por Jaime Pablo Díaz, director da escola municipal de Baile de As Pontes, recalará na nosa vila para presentar o seu novo espectáculo, SON, no que fusiona danza tradicional galega, baile contemporáneo e flamenco, nunha montaxe interpretada unicamente por bailaríns.

Son” ten como eixo argumental a relación entre un escultor e as súas obras na loita para construír a súa voz propia, atopar a súa propia corrente creativa e crear as súas propias obras. “Son” presenta dez pezas, que interpretan catro bailaríns de danza tradicional galega, catro bailaores e un bailarín de danza contemporánea

Este espectáculo que forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2018, está codirixido por Díaz e Carmelo Segura, o espectáculo conta coa colaboración do escenógrafo Carlos Rodríguez, as voces de Juan Debel e “Xisco”, que interpretan temas de Sergio Moure Oteyza co acompañamento musical do grupo Cordes del Món.

Máis info sobre as entradas : https://www.facebook.com/culturaaspontes/

Máis info sobre Rede Cutural. https://www.dacoruna.gal/cultura/rede-cultural/ 

ENTRADAS

  • Prezo: 5 euros
  • Venda de entradas www.Ticketea.com 
  • Taquilla do auditorio Alovi: sábado 14  de xullo, de 12:00 -13:30 horas 
  • Pavillón polideportivo: domingo, 15 de xullo a partir das 21:00 horas