Home Cultura AS PONTES PREPÁRASE PARA A TERCEIRA EDICIÓN DA NOITE MEIGA

AS PONTES PREPÁRASE PARA A TERCEIRA EDICIÓN DA NOITE MEIGA

0
AS PONTES PREPÁRASE PARA  A TERCEIRA EDICIÓN DA NOITE MEIGA

As Pontes, 20 de xuño de 2019.  O Concello de As Pontes celebrará este domingo, 23 de xuño, na canle IV, a terceira edición da Noite Meiga, unha proposta de lecer a través da que o goberno local quere recuperar no municipio as tradicións vinculadas á noite de San Xoán e converterse nun lugar de encontro, ano tras ano, para toda a veciñanza.

Ao igual que nas anteriores edicións, o Concello de As Pontes deseñou unha proposta de actividades, pensadas para o público de todas as idades, que comezarán sobre as 18:00 horas cun obradoiro de caracterización de bruxos e pintacaras, para nenos e nenas con idades comprendidas entres os 6 e os 12 anos, a representación da obra musical A Bruxa Zalaira e un espectáculo de música e baile, que inclúe xogos de música e conxuros para afastar ás ánimas.

A continuación, a partir das 20:00 horas, ós asistentes á Noite Meiga de As Pontes poderán gozar do Teatro sobre rodas, un espazo escénico itinerante no que haberá actuacións de clowns, malabares, pezas de microteatro, de 15 minutos de duración, cada trinta minutos, o espectáculo Cabaret de Pallasas e a actuación de  Fredi&Cía.  Ás 20:30 horas, os amantes da maxia poderán gozar co espectáculo de maxia de cercanía Magia en la manga.

Ás 22:00 horas actuará Broken Peach, a banda se soul&rock coñecida pola súa orixinal forma de mesturar música e espectáculo, facendo versións dos grandes éxitos musicais das últimas décadas.

O grupo vigués dará paso, sobre ás 23:30 horas, á actuación de Troula Animación e o seu espectáculo Lume no que demos, trasnos e diaños chegarán entre o lume e as faíscas da fogueira de San Xoán.

O grupo Assia porá o broche final á Noite Meiga de As Pontes cunha actuación que comezará sobre as 00.00 horas e na que farán un percorrido polos éxitos musicais do momento.

Sardiñada popular

Por outra banda, ás 20:30 horas dará comezo a sardiñada popular, aberta a todos os veciños e veciñas. Terá un custe de dez euros por persoa e o menú constará de sardiñas, chourizo, churrasco, cachelos e pan.

Este ano, ao igual que o ano anterior e co obxectivo de protexer a zona, reducir os refugallos e preservar as emisións de CO2 haberá vasos reutilizables. Deste xeito, o goberno local súmase a tendencia dos grandes eventos musicais a nivel nacional e internacional, contribuíndo a facer de As Pontes un municipio máis sostible e respectuoso co medio ambiente.

X