Home Deporte As Pontes organiza un curso de Monitor de Tempo Libre

As Pontes organiza un curso de Monitor de Tempo Libre

0
As Pontes organiza un curso de Monitor de Tempo Libre

As Pontes, 19 de febreiro de 2019. O Concello de As Pontes, a través da Concellería de Deportes e Xuventude, organiza, coa colaboración da Escola Néboa, un curso de monitor de tempo libre.

Este curso, que conta co certificado da Xunta de Galicia ten como obxectivo esencial, en palabras de Jesús Tembrás, responsable da área, “dar un paso máis na formación da mocidade pontesa nun sector laboral que, cada día, ofrece máis posibilidades de emprego. Trátase dun curso moi completo, que preparará ao alumnado, de forma intensa pero moi amena, ofrecéndolles unha oportunidade para acceder a un posto de traballo”.

A acción formativa, que comezará o próximo 2 de marzo e estenderase ata o mes de xuño, ofrecerá un total de 350 horas de formación presencial, divididas en dous módulos; un de carácter teórico, de 200 horas de duración, que permitirá ao alumnado adquirir coñecementos básicos en psicoloxía, socioloxía, saúde, plástica, animación, xogos deportivos e dramatización, entre outras materias. O segundo módulo constará de 150 horas prácticas e se levará a cabo en diferentes campamentos e colonias.

As clases impartiranse os sábados e domingos, de 09:30 a 14:30 horas e as tardes dos sábados de 16:30 a 20:30 horas, desprazándose, unha fin de semana, os alumnos e alumnas ata a área recreativa de Vilarbó para recibir formación sobre técnicas de excursionismo ao aire libre.

O curso, que está subvencionado integramente polo Concello de As Pontes, é de balde e para acceder a el é preciso ser maior de idade e estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar ou equivalente ou de Técnico Auxiliar en Formación Profesional.

As persoas interesadas en inscribirse e obter máis información, pódeno facer, ata o 25 de febreiro, nos teléfonos 981 440 334/ 669 111 183/646 156 421 ou na páxina web do Concello www.aspontes.org

Descarga aquí a ficha de inscrición do curso de monitor de tempo libre.

X