As Pontes, 21 de agosto de 2018. O Concello de As Pontes licitou, hoxe, a quinta fase das obras de mellora de servizos e pavimentos no Poboado do Barreiro por valor de 160.014 euros, con cargo ó Pos + 2018  da Deputación da Coruña.

Esta proxecto, que inclúe a renovación dos pavimentos e das zonas verdes, executarase seguindo a tipoloxía e criterios das fases anteriores co obxectivo de mellorar a accesibilidade  e estética en todo o Poboado.

Esta actuación  permitirá  tamén a substitución e separación da rede de saneamento de augas pluviais, a mellora do alumeado público coa instalación de doce novos puntos de luz, a súa canalización e conexión a rede eléctrica e a renovación do mobiliario urbano.